2 de abril de 2009

Memoria dun silencio_ Boimorto 1936



            Memoria dun silencio, Xosé Luis Rivas Cruz

Extracto do texto:
O 18 de xullo de 1936, unha conxura de militares, elementos dereitistas contrarios á República e elementos falanxistas levántanse en armas contra o goberno lexítimamente constituido. O día primeiro de outubro o xeneral Franco é nomeado xeneralísimo dos exércitos e ese día unifica oficialmente a Falanxe e o Requeté que andaban a paus entre eles. (...)
En A Coruña e en case toda a provincia o golpe de estado non trunfa ata o día 20, pero non é unha guerra civil o que aquí en Galicia acontece.

A primeiros de agosto nomean os delegados de Orden Público e comezan ós poucos días os asasinatos. A represión é planificada, programada. Limpa-la retaguardia,
eliminar a todo sopeitoso de defender á República. Os paseos e demáis desmanes non son froito do caos, son consecuencia dunha premeditación e unha organización.(...)

O noso País cóbrese de cadáveres, que aparecen xeralmente nas beiras das estradas, onde todos os poidan ver para que, cheos de terror, ninguén se mova.
É en Agosto cando comeza a represión máis brutal. A mediados. Sistemática, de xeito que non escape ninguén. Salvan poucos: os que foxen para os montes ou se agachan para esperar mellores tempos. Outros, os máis decididos ou os máis desesperados, pasan a formar parte da guerrilla. (...)
En Boimorto, a mediados de agosto, partidas de facistas, principalmente falanxistas, deciden xuntar ás xentes significadas da esquerda para dar un escarmento. Segundo tódolos testimonios, fano instigados polo crego de Boimil-Andabao, D. Emilio, de quen dá un perfil axeitado o informe sobre a situación política en Boimorto feito polo Secretario do concello no ano 1931. Nunca ninguén me falou ben del. (...)
É o tempo da malla, mediados de agosto do 36. Van por algún á casa; a outros mándanlles recado de que se presenten na Gándara. A disculpa é firmar uns papeis no Concello. A maioría viste a mellor roupa, a dos domingos. Deixan o traballo e case todos din que logo volven. (...)
Desde a Gándara lévanos nun camión para Sobrado. Alí téñenos 48 horas, sen comer nin beber cunha saca de mineral de cen quilos ó lombo paseando. Logo mallan neles con saña. (...)
Posiblemente o 20 de madrugada lévanos a Santiago. Segundo apunta a memoria que quedou na xente deste concello alí dixéronlles que volvesen con eles para a casa ou que fixeran o que estimasen oportuno. Alí xa non había sitio para máis...
Na parroquia de Ortoño, na curva dos Batáns, á beira da carretera aparecen seis. Os veciños recóllenos e lévanos ó adro da igrexa nun carro do país. Alí son fotografiados un por un e inscritos con partida de defunción, numerados, coma descoñecidos. O cura, que ve que algúns levan escapularios ó pescozo, mándaos soterrar en sagrado nunha fosa común xunto cun mestre novo do que non sabemos o nome. Están no lado dereito, á beira do ángulo dianteiro da igrexa parroquial. Anos despois serán identificados pola foto e pola descripción por familiares seus.
Na memoria de Ortoño son coñecidos como "Os homiños de Boimorto."


          Fosa: 1330/2009 CORUÑA

No Amenal fusilan seis. Cando lles dan o tiro de gracia, chegados ó corpo de José Cabanas, ensanguentado polo compañeiro, aforran a bala e Cabanas salva a vida.
Mandan vir a uns veciños para que caven unhas tumbas no monte. Nunha carballeira que alí había. Alí, á beira da carretera. Tedes seis para enterrar, dinlle a un dos que buscan para cavar. Cando chegan polos corpos só hai cinco.
Os enterradores son escollidos pola súas simpatías coa causa republicana. Así íbanlles metendo a cravuña... Dixo un veciño do Amenal hai poucos días. Cavan dúas fosas.

Destes cinco do Amenal queda o nome do lugar: " A chousa dos mortos."
Chousa dos mortos (Manolo Pazos)
Agradecimiento a Mini, maestro del CPI Armando Cotarelo Valledor, por su aportación a la recuperación de la memoria de los asesinados de Boimorto. Y gracias por confiarme la tarea de ofrecer el esfuerzo de tu trabajo de investigación histórica a través de este blog.
Post especialmente dedicado a la comunidad educativa del CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto.
_____________________________________


HEMEROTECA:


30/8/2007: La venganza de don Emilio







Legislación:





1 comentario:

lele dijo...

yo soy un italiano que estuve en boimorto la noche de el 29 de mayo de este mismo anno ,recuerdo que pasando frente a la casa de consello vi el monumento de comemoraccion de las victimas y senti un fuerte sentimiento de partecipaccion en el respecto y el dolor por estas paginas de la historia que por querer de los poderes se buscan olvidar o borrar y que solo la fuerza del pueblo y de las familias pueden poner en la atencion de la gente.en estos tiempos a donde las derechas parecen voltar fuertes y peligrosas como antes necesitamos tambien por medio de recuerdos dolorosos y tristes renovar la nuestra oposiccion a qualquier poder totalitario y dictadurial por reclamar el derecho de libertad cultural y intelectual en un mundo a donde la democracia sea garantias de paz y aceptacion de las diferencias ,un abrazo grande para todos aquellos que siguen creendo que el sacrificio de estas personas sea fuente de esperancia por el futuro,intentando luchar acontra de esta nueva forma de fascismo que esconde atras de el miedo su xenofoba naturaleza.