14 de mayo de 2008

Adiós ríos, adiós fontes...Adeus


"Adeus", é a lectura declamada do poema de Rosalía de Castro, Adiós ríos, adiós fontes, polo rapaz Anxo Rodríguez Lemos, do IES Primeiro de Marzo (Baiona), que ambientou a súa lectura co 'Adagio para cuerda, opus 11' de Samuel Barber e diversos sons da natureza de fondo. Gañou o I Concurso de Podcasts Lingüísticoartísticos convocado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega na categoría de "Poema".


Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adios!
¡Adiós gloria! ¡Adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adiós Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!
¡Adiós tamén, queridiña!...
¡Adiós por sempre quizais!...
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!


ROSALÍA de CASTRO


4 comentarios:

nieves dijo...

loly ,especialmente dedicado a tí.Seguro que te gusta la declamación que hizo el niño de 2º de la ESO,Anxo...
y tienes una página que también te gustará 'escuchar' http://sondepoetas.blogspot.com/
Te recomiendo "Ahí ven o maio" de Luís Emilio Batallán.
Besos

Anónimo dijo...

Gracias por la dedicatoria. Sabes bien lo que me gusta.
La lectura declamada del neñu, muy buena y la ambientacion musical muy apropiada.
Besos.

Jacobo dijo...

venga va!!
y aceptamos poema como animal acuático!!!.
porque a ti se te permite todo,
porque decirle que no a Anxo me parece un delito...
y porque yo lo valgo!!

Y ahora tendré que decir que esta ´mujerciña´ estaba ya muy alejada del concepto galaico enraizado y no se daba cuenta de la realidad que le circundaba [y digo circundaba y no rodeaba aún sabiendo que el equivoco llevará a acierto]. No puedo decir que Rosalía de Castro sea Esther de OT ni Jousi de Supermodelos aunque a Telma Ortiz quizá podría sacarle parecidos, lo que es obvio es que estaba en el mismo estado en el que esta Masiel a cualquier hora del día [todos sabemos su afición a beberse el agua de las macetas si se tercia...]
Besos

A ver que nos espera después de este post. Lo de Anxo no se cómo se puede superar...

nieves dijo...

Jacobo, ...y sin embargo ¡te quiero! :)

Pues te ofrezco como alternativa que oigas a Rafael Taibo declamando ...la 'voz' ya la conoces, a ver si te gustan 'los poetas' http://www.rafaeltaibo.com/grabaciones.html